Satélite Meteosat - Cadro de mando ambiental
Imaxes do satélite Meteosat operacional no día de hoxe, onde se dispón de 3 canles:
- Masas de aire: composición na que se mesturan varias canles do satélite Meteosat operacional en 0ºN 0ºW, que nos dá unha idea das características das masas de aire e da nebulosidade.
- As zonas que aparecen en branco corresponden a nebulosidade alta.
- As zonas de cor ocre corresponden a nubes medias.
- As zonas de cor verdoso corresponden a masas tropicais pobres en ozono.
- As zonas azuladas corresponden a masas polares ricas en ozono.
- As zonas avermelladas corresponden a aire seco procedente da estratosfera (valores altos de vorticidad potencial, chorros...)
- Infravermello: imaxe da zona de Europa e Norte de África da canle infravermella do satélite Meteosat operacional en 0ºN 0º W, procesada para darlle cor. Dá información acerca da temperatura do corpo observado. As zonas máis escuras corresponden a zonas máis quentes e as máis claras a zonas máis frías. A escala de grises está investida e por este motivo, as nubes aparecen tanto máis claras canto máis altas e, por tanto, máis frías están.
- Visible: xérase utilizando información das canles visibles do satélite; por ese motivo, só hai información na zona iluminada polo sol. As canles foron normalizados para que o brillo non dependa da posición do sol.