Os cadros de mando son ferramentas baseadas en sistemas de indicadores que apoian a toma de decisións e o control da xestión. No caso da Autoridade Portuaria da Coruña, o cadro de mando ambiental —de acceso público desde 2008— xorde como continuación do proxecto FADA, unha iniciativa financiada pola Comisión Europea a través do Programa Life (Life02 ENV/E/000274). Este sistema integra e publica toda a información meteorolóxica, oceanográfica e de calidade do aire recollida pola rede instrumental da Autoridade Portuaria, xunto con datos de diagnóstico e predición oceanometeorológica xerados por modelos numéricos e algoritmos de aprendizaxe automática.p>

Devanditos modelos son xestionados por diversas institucións coas que se manteñen convenios de colaboración: o Organismo Público Puertos del Estado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía, MeteoGalicia e a Universidade de A Coruña.

O obxectivo principal do cadro de mando ambiental é facilitar o control dos fenómenos atmosféricos e mariños —como o vento, a ondada, as correntes e as mareas— que inciden nas operacións e servizos portuarios, permitindo avaliar o seu impacto ambiental e emitir avisos e recomendacións orientados a optimizar a seguridade no porto da Coruña.p>

Preguntas frecuentes (FAQS)

¿Cómo interpretar as direccións de vento e ondada?

Os valores expresados neste Cadro de Mando Ambiental proporcionan información nas unidades de medida máis habituais co fin de ser de utilidade para os distintos perfís de usuarios. É por iso que, seguindo a convención estándar, establecéronse e son usados os seguintes criterios en canto ao significado de direccións.

Variable Interpretación da dirección
Dirección do vento Dirección de procedencia do vento
Dirección da ondada Dirección de procedencia da ondada
Dirección das corrientes mariñas Dirección cara á que se dirixen as correntes (dirección de propagación)

En canto á representación gráfica, as frechas sempre indicarán cara a onde se move o vento, ondada ou corrente mariña.

¿Qué valores se consideran para informar das alertas?

O portal mostra determinadas alertas, tanto meteorolóxicas como oceanográficas, en base aos datos recuperados da instrumentación e das previsións a 72 horas vista. Os limiares considerados actualmente son os que figuran a continuación.

VARIABLE ANALIZADA ALERTA AMARELA ALERTA LARANXA ALERTA VERMELLA
Velocidade do vento Ventos entre 50 e 60 km/h Ventos entre 60 e 90 km/h Ventos de máis de 90 km/h
Refacho de vento Refacho entre 80 e 100 km/h Refacho entre 100 e 140 km/h Refacho de máis de 140 km/h
Ondadas Altura de ondada entre 4 e 5 metros Altura de ondada entre 5 e 8 metros Altura de ondada de máis de 8 metros
Temperaturas Temperaturas entre 34ºC e 37ºC Temperaturas entre 37ºC e 40ºC Temperaturas de máis de 40ºC

 

¿Cal é o clima marítimo no porto de A Coruña?

No apartado Outras descargas do menú Descargas e Banco de datos atopará un informe actualizado anualmente onde se describen as características climáticas do porto, as súas efemérides, réximes medios e outra información de interese.p>

¿Qué é a escala Pasquill-Gifford? ou ¿Cómo medimos a estabilidade atmosférica?

A escala Pasquill-Gifford é un método que permite determinar a estabilidade atmosférica, isto é, a tendencia da atmosfera para frear ou favorecer o movemento vertical da masa de aire, a partir da desviación típica da dirección do vento. O valor da estabilidade atmosférica obtida con esta escala permítenos clasificar a capacidade da atmosfera de dispersar contaminantes, sendo este valor unha letra comprendida entre a A e a F.

Na páxina principal deste portal, podes atopar a clasificación Pasquill-Gifford tanto do porto interior da Coruña como do porto exterior en Punta Langosteira (na sección de meteoroloxía é a letra que figura na esquina inferior dereita).

Pero, que significa cada letra? A continuación especifícase a información relativa a cada un dos seus posibles valores.

Clasificación Descripción Fenómenos naturais comúns Dispersión de contaminantes
A Extremadamente inestable Moito sol, pouco vento. Alta turbulencia. Moi alta.
B Moderadamente inestable Soleado. Vento moderado. Alta.
C Lixeramente inestable Día nubrado ou soleado, con vento. Moderada.
D Neutra Condicións nubradas ou durante a noite con vento. Media.
E Lixeramente estable Noite clara e calma. Baixa.
F Moderadamente estable Noite moi tranquila e sen vento. Baixa.

 

Información elaborada utilizando os datos obtidos de Portos do Estado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia.